O instrumento da débeda externa empezou a utilizarse no século XIX como instrumento de dominación dos pobos de Latinoamérica e do Caribe, de Asia e de África e xa nesa época xurdiron algunhas iniciativas illadas representadas por gobernos que intentaron negarse a devolver a débeda, explica Eric Toussaint no prólogo desta publicación. Pero non foi ata a década dos 80 que o tema da débeda externa e a súa abolición empezou a cobrar cara e ollos e a ser asumido a nivel internacional por diferentes grupos e movementos que empezaron a protestar ante gobernos e institucións como o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial.
Fonte: CanalSolidario