Outras novas
20/01/2022
Outras novas

Entrega dos III Premios Consello Social-UVigo Humana

A Universidade de Vigo entregou o luns 20/12/2021 coincidindo co día da Solidariedade Humana, os III Premios Consello Social-UVigo Humana, galardóns cos que a institución académica viguesa busca recoñecer o labor desenvolto por persoas físicas, institucións e organizacións non gobernamentais que teñan sobresaído pola súa traxectoria en calquera ámbito vencellado coa solidariedade e a cooperación. Este ano as entidades premiadas foron a Asociación Integral de Rescate de Emerxencias e a Coordinadora Galega de ONGD.

Máis información:

https://www.uvigo.gal/universidade/comunicacion/duvi/iii-premio-consello-social-uvigo-humana-asociacion-integral-rescate-emerxencias-coordinadora-galega