
No marco do proxecto “Mejora de las condiciones de vida para la ampliación de las capacidades y las libertades de las personas mediante un proceso de participación ciudadana y comunitaria con enfoque de género en Santa Lucía, provincia de Santiago - asociada a IDI Rep.Dominicana” estanse executando xa parte das actividades previstas por parte das organizacións locais Fundación Solidaridad e CIDEL. Este proxecto iniciado en xullo de 2019 dá a necesaria continuidade ás problemáticas que seguen tendo nunha zona moi conflitiva da cidade de Santiago de los Caballeros. As liñas de traballo principais que segue o proxecto son:
- Mellorar as condicións de habitabilidade no Barrio mediante unha estratexia de incidencia comunitaria.
- Fortalecer o tecido asociativo de Santa Lucía con especial incidencia nas persoas mozas, envellecidas e mulleres mediante unha estratexia de uso social do tempo libre.
- Mellorar as capacidades das persoas de Santa Lucía, con especial incidencia nas mulleres, para a xeración de dinamización económica do Barrio.
Entre as melloras que xa se fan patentes están os avances das obras de rehabilitación para a mellora das vías de acceso a través da construción de “peatonais” alienada coa liña estratéxica da Axenda de Desenvolvemento do Barrio 2018-2013 “barrio habitable…accesible e conectado”.
Un dos grandes avances de cara ó proxecto é a promoción das artes levadas a cabo polas pequenas e pequenos artistas do barrio mediante as actividades realizadas na Escola de Arte e Tempo Libre. Esta ten o obxectivo de potenciar a identidade cultural do Barrio e ao mesmo tempo ofrece un espazo de intercambio e diversión para as persoas que serán o futuro do Barrio. Sen embargo, o proxecto cobra sentido grazas ás organizacións comunitarias do Barrio. O traballo que realizan e as súas motivacións de cara ao futuro son o resultado dunha acción de cidadanía responsable e democracia participativa.
O Barrio de Santa Lucía avanza en moitos ámbitos grazas ao traballo das organizacións locais CIDEL e Fundación Solidaridad en colaboración coa Fundación Balms para la Infancia coa financiación da Xunta de Galicia. Especialmente os avances maniféstanse no fortalecemento comunitario, pero queda patente o traballo que queda por facer para que as persoas que o habitan vivan nunhas condicións dignas e cuns servizos básicos accesibles, dignificando así o sentido do Barrio de Santa Lucía.
Nota elaborada por Cristina Vidal, bolseira con destino na Oficina Técnica da Cooperación Española na República Dominicana, ao abeiro da Orde do 14 de maio de 2019, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das bolsas de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se convocan para o ano 2019 (DOG núm. 100, do 28 de maio).