Cando se cumpren 10 anos do inicio do programa Viaxe Cara á Vida en Galicia, que leva a cabo a Fundación Terra de homes, foi posible que 97 nenos e nenas procedentes de países Africanos, fosen operados de graves enfermidades, de forma altruísta, polos equipos médicos de Galicia (Hospital Materno Infantil da Coruña e Grupo Hospitalario A Rosaleda de Santiago de Compostela e Hospital Clínico de Santiago), os artistas Galegos (debuxantes, pintores, fotógrafos) sensibles e solidarios coas necesidades dos máis desfavorecidos, únense para apoiar e dar continuidade a este proxecto a través de “Unha viaxe solidaria e creativa á vida” e para iso realizaron unha obra cunha temática social, que será vendida ao prezo único de 150 euros, e que poderán verse e adquirirse na Sala de exposicións S-1 de Afundacion , en Cantón Grande, 8 da Coruña, desde o día 9 de febreiro ao 25 de febreiro.
Esta Iniciativa, que terá continuidade en Santiago e Vigo, e que conta coa colaboración de Afundacion e Obra Social Abanca, ten como fin tamén que os artistas galegos, a través da pintura, trasládennos a todos a súa visión sobre as desigualdades e as inxustizas e que afectan máis se cabe aos máis vulnerables, que son os nenos, e que esta chamada chegue a toda a sociedade e non nos convertamos en testemuñas mudas.
A exposición estará aberta ao público de luns a venres, de 17 a 21 h.e sábados de 12 a 14 e de 17 a 21h, para visitas concertadas e información poden chamar ao teléfono 628 367 030.