
- Médicos sin Fronteras organiza esta exposición que estará na Coruña, no Forum Metropolitano, do 27 de novembro ao 1 de decembro
O vindeiro martes 27 de novembro Médicos sin Fronteras inaugura na Coruña ‘O éxodo rohingya’, unha exposición sobre o maior campo de refuxiados do mundo e no que viven os rohingyas, unha das poboacións máis esquecidas da actualidade.
Vítimas de décadas de persecución en Myanmar, en agosto de 2017 foron o obxectivo dunha violenta operación militar por parte das forzas de seguridade birmanas, o que causou o maior éxodo na historia desta comunidade. Na súa desesperada fuxida a Bangladesh, emprenderon co posto un camiño cheo de obstáculos, violencia e destrución. Agora, máis de 700.000 refuxiados rohingyas malviven amoreados en precarios asentamentos feitos de canas de bambú e plástico no distrito bangladeshí de Cox’s Bazar.
Porque detrás deste número escóndense persoas e historias que non merecen quedar no esquecemento, ‘O éxodo rohingya’ busca achegarte ao día a día dos rohingyas e explicarche a súa dura situación. Para iso, contarase con fotografías, testemuñas e un vídeo 360º para unha experiencia de inmersión total.
Cando: do 27 de novembro ao 1 de decembro (ambos incluidos)
Onde: Hall do Forum Metropolitano (Rúa Río de Monelos 1. 15006 A Coruña)
Horario: De martes a sábado, de 10 a 14 e de 16:30 a 20:30 h
VISITAS GUIADAS:
Pode ser un gran experiencia achegarse á realidade desta minoría étnica, coñecer máis sobre eles, empatizar, poñerse na súa pel e desde aí axudar a difundir a súa situación. Por iso, ofrécese a posibilidade de visitar a mostra en grupo e organizar unha visita guiada con persoal de Médicos sin Fronteras que axude a profundizar no contido da mostra e a resolver as posibles dúbidas que xurdan.
A duración aproximada da visita será dunha 1 hora. Considérase que o número máximo de participantes non debe exceder as 30 personas (en cada turno) para o correcto desenlace da visita.
Se estás interesado/a en organizar unha visita guiada podes escribir un email a msf-santiago@barcelona.msf.org ou chamar ao 981 58 70 91 indicando:
- Día e hora
- Número de persoas e características (idade, de que asignatura son,..)
- Persoa de contacto: nome, email e teléfono.
