Outras novas
18/12/2012
Outras novas

A Fundación CUME continúa coa súa exposición itinerante sobre o Programa de desenvolvemento Socioeconómico Territorial da Mancomunidade de Gran Potosí

A Fundación CUME iniciou o seu traballo en Bolivia no ano 2005, levando a cabo diferentes accións de desenvolvemento no sector agrícola, que desembocaron na posta en marcha do proxecto que se presenta nesta exposición, cofinanciado pola Xunta de Galicia. Con esta iniciativa, a Fundación CUME busca contribuír á redución da pobreza nunha das rexións máis deprimidas de Bolivia, beneficiando a máis de 2.500 familias campesiñas indíxenas.

Datas e espazos da exposición

Esta exposición itinerante está a realizar o seguinte percorrido:

BETANZOS
Aula de Cultura (Praza García Hermanos), do 5 ao 10 de decembro.

SANTIAGO
Centro Comercial Área Central do 11 ao 14 de decembro.

VIGO
Centro Comercial Praza Elíptica do 15 ao 18 de decembro.

OURENSE
Casa da Xuventude do 18 ao 21 de decembro.

LUGO
Centro Comercial Pazo de la Maza do 23 ao 30 de decembro.