Outras novas
20/04/2023

I Xornadas internacionais de intercambio de saberes desde a Cooperación ao Desenvolvemento; Estratexias contra as violencias machistas cara ás mulleres para unha vida plena

Solidariedade Internacional de Galicia e o grupo de investigación ECIGAL, organizan as I Xornadas internacionais de intercambio de saberes desde a Cooperación ao Desenvolvemento; Estratexias contra as violencias machistas cara ás mulleres para unha vida plena, un espazo que ten coma obxectivo comprender a dimensión global dun problema estrutural (as violencias machistas), achegándonos á realidade de diferentes territorios (Guatemala, Bolivia e España) poñendo en común experiencias, metodoloxías e filosofías entre colectivos que comparten ámbito de actuación, pero non territorio (KaqlaMujeres Creando e Aliad Ultreia).

Será o vindeiro 27 de abril na Facultade de Ciencias da Educación en A Coruña.

Se estás interesado/a en participar podes facer a túa inscrición a través deste enlace.