A Fundación Tierra de Hombres organiza o venres, 18 de maio, ás 19.00 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, a III Gala Solidaria de Maxia,a beneficio do proxecto Viaje hacia la Vida, tratamento médico de nenos e nenas con enfermidades moi graves, que nos seus países de orixe carecen da tecnoloxía médica e os medios económicos para ser tratados, e que son operados en Santiago de Compostela grazas a un convenio de colaboracion co Grupo Hospitalario de La Esperanza, e aos voluntarios e familias de acollida que o fan posible.
Máis información no cartel que figura a continuación.
Documentos
Cartel III Gala Solidaria de Maxia (332.44Kb)