N. Manimekalai é doutora en Económicas e directora do Centro de Estudos de Xénero da Universidade de Bharathidasan, estará na Galiza do 10 ao 24 de abril para expoñer as conclusións dun proxecto de investigación centrado na análise do impacto sobre as mulleres dos diferentes tipos de microfinanzas. É asesora de xénero dos proxectos de cooperación ao desenvolvemento que Implicadas no Desenvolvemento apoia na India. Ten publicados máis de 100 artigos sobre as mulleres empresarias e as microempresas; o impacto das microfinanzas nas mulleres; xénero, pobreza e desenvolvemento; políticas de igualdade de xénero; empoderamento das mulleres e os grupos de autoaxuda; ou a intervención das ONGs nos grupos de autoaxuda das mulleres rurais de Tamil Nau a través dos mirocréditos.