A presentación deste documental promovido pola ONGD galega Implicadas no Desenvolvemento enmárcase dentro do proxecto "A crise como cambio: perspectivas e alianzas entre as mulleres". Este traballo audiovisual foi concebido cun enfoque afastado do documental xornalístico ou informativo co obxectivo de trasladar ao público á pel da outra persoa e, nese proceso de transformación, provocar a única reflexión necesaria para facer dos difíciles mundos que habitamos, un lugar mellor.
O acto de presentación terá lugar o martes 9 de abril ás 19:00 horas no Centro Galego de Arte Contemporánea en Santiago de Compostela.