Achégase nota de prensa remitida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sobre a inauguración en Mozambique das casas resilientes construídas polo Fondo Galego de Coooperación e Solidariedade e a Xunta de Galicia.
- Catro familias vulnerables encabezadas por mulleres recibiron oficialmente as vivendas resistentes aos ciclóns na vila de Boane
Pontevedra, 16 de abril de 2025. Catro mulleres xefas de familia recibiron onte na vila mozambicana de Boane as chaves doutras tantas vivendas resilientes ao cambio climático financiadas pola Xunta de Galicia e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en colaboración coa Asociación Nacional de Municipios de Mozambique (ANAMM). As autoridades locais oficializaron a entrega das casas, nas que un total de vinte persoas en situación de vulnerabilidade, entre elas varias vítimas de violencia de xénero, poderán vivir sen o risco que supoñen os furacáns que habitualmente asolan o país africano.