Outras novas
09/12/2015
Outras novas

InteRed Galicia convídate ao OBRADOIRO PRÁCTICO: DA TRANSFORMACIÓN PERSOAL Á TRANSFORMACIÓN SOCIAL.

Ao longo do día teremos tamén posibilidade de practicar algunha técnica de silencio corporal e mental (consciencia sensorial, relaxación, meditación, chikun…) que nos facilite afondar e poder mirar a realidade (persoal e social) dende outro lugar, dende outras perspectivas.

RELATORA: Emma Martínez Ocaña. Licenciada en Historia e Teoloxía. Psicoterapeuta. Foi profesora na Universidade Pontificia de Comillas. http://emmamartinezocana11.blogspot.com.es/2015/11/obradoiro-practivo-da-transformacion.html

D&ÍA: Sábado, 12 de decembro de 2015

HORARIO: Dás once da mañá ás sete do serán.

LUGAR: Residencia Universitaria Monte da Condesa. Campus Vida. USC

PODEN PARTICIPAR TODAS AS PERSOAS INTERESADAS NO TEMA

PRAZO DE MATR&ÍCULA: Matricula aberta ata o día 10 de decembro 2015.

PREZO XERAL 5 €. O pago formalizarase no momento da inscrición. Unha vez realizada a matrícula non se devolverá o importe. (O alumnado da Residencia Universitaria Monte da Condesa de balde):

INSCRICIÓNS: InteRed Galicia. Praza do Matadoiro, 7-Baixo. Santiago de Compostela . Tfn. 981 58 79 66.
Ou polo e.mail: galicia@intered.org

Pago: ABANCA: IBAN ES60 2080 0319 6430 4001 3740. Concepto: Obradoiro 12-12-15

CERTIFICARASE A ASISTENCIA