A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) participará mañá da Irmandade Galicia-Cabo Verde promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade con diversos actos na súa sede, onde recibirá a unha delegación caboverdiana.
11.30 h Recepción institucional (SÓ GRÁFICOS)
12.00 h Rolda de prensa
- Francisco García, vicepresidente segundo da Fegamp e alcalde de Allariz.
- Teresa París, presidenta do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e concelleira de Servizos Sociais, Ensino e Muller en Redondela.
- Manuel de Pina, presidente da Asociación Nacional de Municipios Caboverdianos e alcalde da Ribeira Grande.
- Rosa Lopes, alcaldesa de Porto Novo.
12.30 h Encontro co municipalismo galego: ‘O municipalismo en Cabo Verde: realidade e desafíos’ (SÓ GRÁFICOS)
D&ÍA: mércores 11 de decembro
LUGAR: Sede da Federación Galega de Municipios e Provincias
Rúa Varsovia 4C, 6ªplanta. Área Central.
Santiago de Compostela (A Coruña)