
Este ano a xornada está centrada na EDUCACIÓN COMO CAMIÑO PARA A PAZ, lema desta edición da Campaña Mundial pola Educación. A xornada, ademais, enmárcase nos esforzos da Universidade de Santiago de Compostela por divulgar e facer efectiva a Axenda 2030, con especial compromiso co ODS 4 centrado na educación.
A actividade aglutina diferentes proxectos e experiencias no ámbito da ED financiados por Cooperación Galega e outros organismos internacionais. A coordinación das xornadas enmárcase no proxecto A ED na formación dos profesionais da educación. Estudo de caso: as titulacións da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
O alumnado e o profesorado son elementos fundamentais na xeración dun novo modelo comprometido cos dereitos de todas as culturas e de todas as persoas, coa xustiza e a igualdade de oportunidades, con especial incidente na infancia. O profesorado é un elemento multiplicador, especialmente na educación superior na que se forxan os perfís profesionais e a cidadanía do futuro. No caso das titulacións de educación, o efecto é exponencial, a formación de docentes espalla o impacto da ED.
Destacar o esforzo que nestes anos ven compartindo Solidariedade Internacional de Galicia.
A Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento ( RGCUD), o Servizo de Participación e Integración Universitaria ( SEPIU) e a Oficina de Desenvolvemento Sustentable ( ODS) animan a compartir esta experiencia.
OBXECTIVOS:
• Xerar un espazo compartido de coñecemento e recoñecemento da educación como ferramenta de desenvolvemento e sobre a ED hoxe.
• Sensibilizar á comunidade universitaria cara aos ODS e a toma de conciencia sobre a corresponsabilidade do cumprimento da Axenda 2030.
• Achegar o ámbito de intervención da ED ao alumnado da Facultade de Ciencias da Educación e doutras especialidades como ámbito incidente no desempeño profesional.
• Visibilizar o traballo das entidades implicadas na cooperación e a ED.
DATA e LUGAR:
A xornada celebrarase na Facultade de Ciencias da Educación do Campus Vida o día 10 de abril, en horario de 9:30h a 14h e de 16h a 20h.
INSCRICIÓN:
A inscrición pódese formalizar na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/1Lygg_1G6841M-g-N5y2UEUgOoTJopMnkL_mlO8TjxvU/viewform?ts=5aa68508&edit_requested=true . As prazas adxudicaranse por orde de inscrición ata completar o aforamento.
CERTIFICACIÓN:
Unha vez celebradas as xornadas e segundo a inscrición nelas e a asistencia de cada participante recoñecerase a través dunha certificación.