Outras novas
10/12/2007
Outras novas

KIOTO REXEITABLE: BÚSCASE SUCESOR"

Delegadas e delegados e persoal científico de todo o mundo abriron este lúns a 13ª Conferencia de Nacións Unidas sobre Cambio Climático, en Bali, Indonesia, co obxectivo de elaborar unha folla de ruta para establecer un acordo, que se podería asinar en 2009, e que sentaría as bases definitivas para a renovación do Protocolo de Kyoto, en vigor dende 1997.Nas primeiras xornadas a intevención máis controvertida foi a do secretario executivo da Convención sobre Cambio Climático no Marco de Nacións Unidas (UNFCCC), Yvo de Boer, que afirmou que "por un lado temos un claro sinal da comunidade científica que nos indica o que se debe facer e o que se debe facer agora. Pero a miña pregunta para todas as ministras e ministros que se desprazaron ata aquí é: ¿Cal vai ser a vosa resposta?

Fonte: CanalSolidario