Do 15 ao 21 de outubro terá lugar a Semana contra a pobreza, promovida por ONG e outras organizacións sociais, que rematará o mesmo domingo 21 coa gran manifestación en cidades de todo o Estado para pedir aos líderes mundiais medidas definitivas na loita contra as desigualdades. Esta data coincide coa celebración da Semana de Acción Global contra a Debeda Externa.
Fonte: CanalSolidario