Outras novas
05/07/2023

Nota de prensa da Fundación Balms para a Infancia sobre o mural realizado polo alumnado da Escola de Arte e Tempo Libre Mauro Lorenzo en Santiago Oeste, República Dominicana

Achégase nota de prensa da Fundación Balms para a Infancia sobre o mural realizado polo alumnado da Escola de Arte e Tempo Libre Mauro Lorenzo do Barrio Santa Lucía en Santiago Oeste. Creado no marco da campaña de incidencia #YoParticipo na que os e as mozas de Santiago Oeste demandan espazos públicos para o deporte, a reunión e o lecer saudable.

Recolleuse todo o proceso de creación neste pequeno vídeo resumen: https://www.youtube.com/watch?v=Vm7tX41JLtM

Esta iniciativa enmárcase no proxecto Mocidade e Incidencia IV “Incrementadas as capacidades dos titulares de dereitos, responsabilidades e obrigas do distrito municipal de Santiago Oeste para exercer os seus dereitos fundamentais en educación, saúde e participación política cun enfoque integral de xénero, asociada a IDI República Dominicana, fase IV”, implementado pola Fundación Solidariedade o Centro Integral para o Desenvolvemento Local CIDEL e a Fundación Balms para a Infancia.