Achégase nota de Prensa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sobre a Inauguración en São Tomé e Príncipe do IV Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e mais a Rexión Autónoma do Príncipe organizan nesta illa africana o encontro financiado pola Xunta de Galicia. O IV Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía deu comezo en Santo António (São Tomé e Príncipe), coa participación de representantes locais e rexionais de seis países de lingua oficial portuguesa e de cinco concellos galegos. ‘Gobernanza local para o desenvolvemento sostible’ é a temática central do encontro, organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade xunto coa Rexión Autónoma do Príncipe e financiado pola Xunta de Galicia.
