Outras novas
02/11/2022

Nota de prensa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sobre a master class que o muralista nicaraguano Manuel Alaníz impartirá en Pontevedra -presentado por Kiko da Silva-, no marco da xuntanza anual do proxecto europeo People & Planet

Achégase nota de prensa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sobre a master class que o muralista nicaraguano Manuel Alaníz impartirá en Pontevedra -presentado por Kiko da Silva-, no marco da xuntanza anual do proxecto europeo People & Planet.

O muralista nicaraguano Manuel Alaníz ofrecerá este mércores 2 de novembro unha master class aberta ao público na Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, ubicada no campus de Pontevedra

Este encontro reunirá a representantes de entidades e municipios de oito países europeos arredor de temáticas como a sensibilización da mocidade fronte ao cambio climático ou a implementación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable no eido local.

Documentos