
Achégase nota de prensa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sobre a acción convocada por este no Día do Medio Ambiente e que se encadra no proxecto europeo ‘People and Planet’
Dúas deputacións e vinte concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade uniranse mañá mércores, 5 de xuño, ao “apagón” convocado pola entidade con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que este ano se centra nos ecosistemas terrestres. A partir das 23 horas, suspenderase a iluminación pública de consistorios, prazas, torres e outros monumentos co fin de concienciar ademais sobre o consumo de enerxía. A acción encádrase no proxecto europeo ‘People and Planet’, que implica á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático
Documentos