
Achégase nota de prensa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sobre o programa Especialistas en Cooperar que enviará a Mozambique e Cabo Verde a persoal municipal
- Asesorarán en materia de igualdade, acción social e deportes a concellos e organizacións que traballan co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
- O programa Especialistas en Cooperar reforza os proxectos na África lusófona e o coñecemento doutras realidades a través do intercambio de experiencias
Dous técnicos e unha técnica dos concellos de Boiro, Lousame e Pontedeume desprazaranse no último trimestre do ano a Mozambique e Cabo Verde para colaborar cos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que os tres municipios son socios, a través do programa Especialistas en Cooperar. Trátase da segunda edición desta iniciativa de cooperación técnica, cuxa resolución se fai pública coincidindo coa conmemoración do Día das Persoas Cooperantes
