Achégase nota de prensa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade que vén de lanzar unha nova edición do programa Especialistas en Cooperar, que permitirá a catro técnicas e técnicos da administración local colaborar cos municipios parceiros da entidade en Mozambique e Cabo Verde
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade oferta catro prazas para reforzar aos concellos que vén apoiando nestes países da África lusófona
Técnicas e técnicos das áreas de finanzas, desenvolvemento local e agro poden solicitar unha licenza especial para colaborar ata un mes sobre o terreo
Documentos