Outras novas
08/09/2022

Nota de prensa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sobre o programa Especialistas en Cooperar a través do que se envía a Mozambique a persoal de catro concellos de Galicia

Achégase nota de prensa do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade sobre o programa Especialistas en Cooperar a través do que se envía a Mozambique a persoal de catro concellos de Galicia.

Tres técnicas e un técnico dos concellos de Boiro, Poio, Rianxo e Lousame desprazaranse no mes de outubro a Mozambique para colaborar cos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que as catro administracións locais son socias, a través do programa Especialistas en Cooperar. Trátase da primeira edición desta iniciativa de cooperación técnica, que se fai pública coincidindo coa conmemoración do Día das Persoas Cooperantes.

Documentos