Outras novas
07/02/2024

Nova sobre o proxecto "Promovendo o desenvolvemento económico rural inclusivo e sostible en 4 comunidades dos Municipios de Tacaná e Sibinal, San Marcos, Guatemala FASE II"

A ONG Mans Unidas e a súa contraparte local Centro Experimental para o Desenvolvemento da Pequena e Mediana Empresa Rural Sociedade Civil – CEDEPEM S.C. están a desenvolver o proxecto “Promovendo o desenvolvemento económico rural inclusivo e sostible en 4 comunidades dos Municipios de Tacaná e Sibinal, San Marcos, Guatemala FASE II”.

O financiamento deste proxecto foi aprobado pola Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE na convocatoria 2023 de proxectos no exterior por parte das ONGD.

Este proxecto que se desenvolverá durante os anos 2023 e 2024 quere dar continuidade a unha primeira fase, priorizando nesta ocasión o fortalecemento das capacidades, das organizacións de produción e comercialización, das iniciativas económicas en marcha das e os titulares de dereitos, coa finalidade de promover o acceso da poboación indíxena e rural aos seus dereitos económicos, sociais, culturais e ambientais.

CEPEDEM S.C. achega un video para a sensiblización e concienciación do importante papel da cooperación galega no Altiplano de Guatemala e como transforma vidas.