Outras novas
10/10/2006
Outras novas

NOVO PROGRAMA TVE2 "OTRO MUNDO ES POSIBLE"

¿Quen goberna o mundo? ¿Cal é o poder dos políticos? ¿Cal é o papel real de organismos como o Fondo Monetario Internacional o Banco Mundial ou a Organización Mundial do Comercio? Estes e outros temas analizaranse no primeiro capítulo da serie "Voces da globalización" que contará coa presenza entre outros de José Saramago, Pérez Esquivel, Eduardo Galeano ou Ignacio Ramonet.

Cunha linguaxe sinxela e directa abórdanse temas como se é posible que unha soa potencia poida dominar o mundo, como inflúe a industria do medo nos cidadáns ou en mans de quen están os grandes medios de comunicación e cal é o seu papel.