Outras novas
20/02/2007
Outras novas

NYÉLÉNI 2007: FORO POLA SOBERAN&ÍA ALIMENTARIA EN MALI, 23-27 DE FEBREIRO DE 2007. SÉLINGUÉ. MALI

Distintos movementos sociais tomaron a iniciativa de organizar o Encontro Internacional da Soberanía Alimentaria en Bamako, Mali en febreiro de 2007. O principio da soberanía alimentaria foi proposta pola Vía Campesiña en Roma en 1996 durante o Cumio Mundial da Alimentación da FAO.

O principio da soberanía alimentaria estimula o desenvolvemento de modelos alternativos de produción, de distribución e de consumo baseados nunha lóxica nova, alonxada da do neoliberalismo, que pola súa parte dalle un papel principal aos mercados e á liberalización do comercio e que entende que só os mercados internacionais poden resolver a cuestión da inseguirdade alimentaria.

Consideran que un foro en 2007 ofrecerá unha nova oportunidade para aumentar o recoñecimento da soberanía alimentaria e reforzar as accións e campañas que se realizan para a súa aplicación efectiva. Durante estos cinco días as persoas participantes non se limitarán a precisar a natureza do dereito á soberania alimentaria e as súas implicacións para a política agrícola dos seus países e rexións. Tamén debaterán sobre unha estratexia dinámica e global para que a soberanía alimentaria sexa tida en conta e aplicada tanto a nível internacional como local.