Outras novas
07/03/2007
Outras novas

O CICLO DE EDUCACIÓN XANELA ABERTA AO SUR CHEGA A SÚA OITAVA EDICIÓN

Os obxectivos de Xanela son INFORMAR sobre o actual sistema de reparto de reparto da riqueza no mundo e posibles alternativas, SENSIBILIZAR sobre as diversas formas de cooperación entre os pobos e PARTICIPAR en visitas a proxectos de desenvolvemento en países do sur.

Os contidos estrutúranse en: XORNADAS DE INFORMACIÓN para informar e debatir sobre a situación das sociedades do sur e as diferentes motivacións para viaxar ao sur, un SEMINARIO DE FORMACIÓN no que se coñecen as organización do sur e se traballa en equipo, ESTADÍA durante un mes nun proxecto de desenvolvemento, e XORNADA DE AVALIACIÓN á volta da viaxe para avaliar a experiencia e organizar unha conferencia divulgativa por persoa.

Máis información