Outras novas
21/09/2012
Outras novas

O Colexio de Médicos da Coruña presenta a súa sección de cooperación e solidariedade

O acto de presentación, no que participarán Médicos sen Fronteiras, Solidariedade Galega, Matres Mundi e Ecodesenvolvemento Gaia, así como a Fundación Rede de Colexios Médicos Solidarios do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos e os 52 Colexios de Médicos, estará aberto a todas as persoas interesadas en temas de cooperación ao desenvolvemento e voluntariado, para mellorar o acceso á sanidade e a protección da saúde entre os colectivos máis desfavorecidos dentro e fóra das nosas fronteiras.

Día: Martes 2 de outubro
Hora: 19h
Colexio Médico da Coruña
(Avda. Salvador de Madariaga 66)