Outras novas
17/02/2009
Outras novas

O Comercio Xusto aínda esquiva a crise?

En España, entre 2000 e 2007 as ventas de produtos de Comercio Xusto no deixaron de medrar. Aínda que a crise tamén persegue a esta importante ferramenta de desenvolvemento e modo de consumo responsable e pese a que nos 2 últimos anos o ritmo de crecemento foi xa diminuíndo, en 2007 as ventas de produtos de Comercio Xusto en España alcanzaron unha cifra record superior aos 17 millóns de Euros. Polo que parece que, polo menos entre o período 2000-2007, a crise aínda non se notou nin nas conciencias nin nos hábitos de consumo responsable. Estas son algunhas das conclusións ás que se pode chegar lendo o último informe especializado de SETEM,  “El Comercio Justo en España 2008. Canles de importación y distribución” editado por Icaria e financiado por Triodos Bank e a AECID, cuxo contido completo será presentado e debatido estes días en toda España:

Madrid (mércores 25F) Barcelona (xoves 26 F)  Pamplona (venres 27 F)   País Vasco (semana do 2 ao 6 de marzo, cidade por concretar).

Fonte: SETEM

Máis información: