- Conclúe a visita ao país africano de representantes de Nigrán, As Neves e Viveiro para supervisar os proxectos de vivenda, auga ou dereitos da infancia
- A delegación afianzou os lazos de cooperación coas administracións locais nun contexto marcado pola inestabilidade política tras as eleccións xerais
Pontevedra, 23 de outubro de 2024. O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade acompañará aos municipios mozambicanos de Manhiça e Namaacha no fortalecemento da xestión financeira, co obxectivo de garantir a súa sustentabilidade económica, impulsar o proceso de descentralización e contribuír á consolidación da democracia.