Outras novas
27/11/2015
Outras novas

O Fondo Galego organiza en Pontevedra as X Xornadas Anuais de Cooperación

A Casa das Campás de Pontevedra (Rúa Don Filiberto, 9) acollerá o próximo 3 de decembro as X Xornadas Anuais de Cooperación, evento que anualmente organiza o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e que nesta edición terá como título “Vacacións con Traballo. Unha década de cooperación dende o local”.
Este evento, que contará coa colaboración do Concello de Pontevedra e da Universidade de Vigo, se realizará a partir das 9:30 am, cunha presentación a cargo de Juan González, Presidente do Fondo Galego e alcalde do Concello de Nigrán. Neste apartado tamén participarán Teresa París, Vicepresidenta do Fondo Galego (Concello de Redondela), Carmen Fouces, Tesoureira do Fondo Galego (Concello de Pontevedra) e Carmen Dasilva, Tenente alcaldesa do Concello de Pontevedra.