Outras novas
27/02/2007
Outras novas

O FORO DA SOBERAN&ÍA ALIMENTARIA ESTABLECE AS ESTRATEXIAS E PRINCIPAIS DEMANDAS DA SÚA LOITA

A soberanía alimentaria é o dereito que ten todo pobo e país a garantir a propia alimentación de maneira suficiente, ligada ás súas tradicións culturais e aos mercados locais. A pesar de tratarse dun dereito humano fundamental, está sendo posto en cuestión cada día: non só seguen ameazadas pola fame crónica 852 millóns de persoas no mundo, senon que os mecanismos económicos e as consecuencias sociais da globalización están poñendo en perigo a independencia alimentaria da maioría de países do planeta.

A liberalización económica do mercado de alimentos, as políticas agrícolas e económicas dos Estados Unidos e a Unión Europea, a dependencia cada vez máis grande dos países máis pobres das importacións básicas de alimentos e, en xeral, o estado da agricultura e das agricultoras e agricultores no mundo (onde representan aínda unha porcentaxe importante da forza de traballo e das economías locais) son algúns dos problemas que ameazan o futuro alimentario da humanidade. 

Fontes: Canal Solidario