Outras novas
15/09/2017

O IGADI e a Universidade de Vigo convidan a “repensar Europa desde aquí”

Por segundo ano consecutivo, o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, IGADI (www.igadi.org) e o Observatorio de Gobernanza G3 da Área de Ciencia Política e da Administración da Universidade de Vigo organizarán a partir deste próximo luns 18 de setembro, o II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia. Baixo o título “Repensar Europa desde aquí”, este congreso permitirá reflexionar sobre o que está actualmente a acontecer en Europa, da man de expertas e expertos tanto galegos como provenientes de España e Portugal.

O acto de inauguración se realizará o próximo luns 18 de setembro, a partir das 16:00 pm, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo (Campus Universitario da Xunqueira, s/n).

Este acto contará cunha sesión de apertura na que participarán Xosé Manuel Baamonde Silva, Decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo; Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde do Concello de Pontevedra; Jesús Gamallo Aller, Director Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia; Ernesto Pedrosa Silva, Presidente do Consello Social da Universidade de Vigo; Carlos López Font, Deputado Provincial pola Deputación Provincial de Pontevedra; e Daniel González Palau, Director do IGADI e membro do comité directivo deste II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia.

Posteriormente, a partir das 16:30 horas, se iniciará formalmente este congreso cunha Conferencia Inaugural que, baixo o nome de “Galeguismo e Europeísmo”, estará a cargo de Camilo Nogueira Román, quen fora representante galego ante o Parlamento Europeo (1999-2004). A presentación será realizada por Daniel González Palau.

Tras esta Conferencia Inaugural, abrirase a primeira sesión, de carácter Político-Institucional, a partir das 18:00 horas, baixo o título “Europa, de novo na encrucillada”. Moderado por Celso Cancela Outeda, da Universidade de Vigo e membro do comité directivo deste Congreso, esta sesión contará coa participación de Antonio C. Pereira Menaut (Universidade de Santiago de Compostela); Argimiro Rojo Salgado (Universidade de Vigo); e Ana Ramos Barbosa (Fundación Galicia-Europa). Con esta sesión pecharase o primeiro día do Congreso.

As sesións continuarán o próximo martes 19 de setembro, a partir das 10:00 am, coa apertura da Sesión Económica baixo o título de “Europa na mundialización”. Coa moderación de Carmen Novas Ferradás, responsable de comunicación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, esta sesión contará coa participación de Anxo Calvo Silvosa (Universidade da Coruña); Xavier Vence Deza (Universidade de Santiago de Compostela); e Xavier Martínez Cobas (Universidade de Vigo).

Posteriormente, darase paso a partir das 12:00 horas da sesión Socio-Cultural, baixo o título: “Días contados para a Europa do benestar?”. Moderado por Álvaro Xosé López Mira, da Universidade de Vigo e membro do comité directivo deste Congreso, esta sesión contará coa participación dos profesores da Universidade de Vigo Albino Prada Blanco, Celso Cancela Outeda e Constantino Cordal Rodríguez.

A partir das 16:00 horas comezará a última sesión deste Congreso, baixo o título de “Europa, no mundo con voz propia”. Baixo a moderación de Roberto Mansilla Blanco, analista do IGADI, esta sesión contará coa participación de Rafael García Pérez (Universidade de Santiago de Compostela); Sandra Dias Fernandes (Universidade do Minho, Portugal); e Cristina Manzano (directora de Esglobal).

O II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia finalizará ás 18:30 horas, cunha sesión de Clausura que, baixo o título de “A idea de Europa”, contará coa conferencia de Eduardo Olier Arenas, director do Instituto Choiseul e experto en xeoeconomía. Este acto será presentado por Juan Manuel Corbacho Valencia, vicerreitor do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.

A realización deste II Congreso de Estudos Internacionais de Galicia coincidirá cun novo aniversario da participación de Galicia no Congreso de Nacionalidades Europeas (setembro de 1933).

Para acceder ao programa deste Congreso: enderezo web www.igadi.org. Para solicitude de inscricións: 986 84 34 36 e 600 30 90 66. Para maior información: dpalau@igadi.org. Para xestión de entrevistas: ccancela@uvigo.es