Outras novas
06/04/2008
Outras novas

O MUNDO SEGUNDO OS XORNAIS

Xa existían na Rede mapamundis que mostran o planeta segundo o fluxo de información que xera cada país. Así podiamos comprobar como algunhas rexións do mundo apenas "contan" a pesar da súa gran extensión xeográfica e sobre outras recae unha atención enorme que contrasta co seu tamaño. Pero o proxecto creado por Nicolas Kayser-Bril e Gilles Bruno publica cartogramas ou mapamundis que colorean, estreitan ou ensanchan as proporcións dos países, segundo o número de artigos que a prensa lles adica. Así podemos comprobar como se ve o planeta segundo a información e noticias de xornais concretos.

Máis información:http://www.canalsolidario.com/web/noticias/noticia/?id_noticia=9873