O Goberno de España dispuxo distintos espazos e canles específicas para facilitar a participación da sociedade civil e de todos os actores na 25ª Conferencia de las Partes de la Convención Marco de Naciones Unidas sobre el Cambio Climático (COP25):
- Entre eles inclúese na denominada zona verde (sociedade civil, empresas, etc.) un pavillón específico de España e Chile, con amplos espazos dispoñibles en diferentes formatos para realizar actividades durante a COP. Pódense propor actividades a desenvolver durante a COP, neste espazo, ao redor do nexo clave entre clima, ODS e cooperación ao desenvolvemento. Pre-inscripción a través deste formulario antes do venres 15 ás 17 horas.
- Co fin de reforzar a participación das entidades sen ánimo de lucro españolas na COP25, o Goberno de España solicitou á CMNUCC un procedemento especial para rexistrarse na denominada zona azul, reservada principalmente ás delegacións oficiais. Este procedemento está dirixido a aquelas organizacións españolas que non estaban admitidas como observadores no proceso. O procedemento, levado a cabo pola Secretaría do CMNUCC, tal e como se explica na ligazón facilitada, buscará o equilibrio e coherencia cos diferentes grupos de interese acreditados como observadores na CMNUCC. Trátase dun procedemento de solicitude circunscrito ás organizacións españolas e a esta COP en particular. Para participar e solicitar entrar de maneira puntual na "Zona Azul" é necesario encher o formulario en liña, enviando os datos pertinentes e proporcionando a documentación de apoio, como moi tarde o 13 de novembro de 2019 ás 23:59 na seguinte ligazón: https://unfccc.int/es/process-and-meetings/parties-non-party-stakeholder... .
Máis información aquí: https://www.miteco.gob.es/es/cambio-climatico/temas/cop25/default.aspx