Outras novas
22/03/2019
Outras novas

Presentación da Axenda de Desenvolvemento do Barrio de Santa Lucía 2018-2023 no marco do proxecto financiado pola Xunta de Galicia

Ao evento acudiron diversas autoridades da provincia de Santiago de los Caballeros, así como representantes das ONGD executantes do proxecto

 

O pasado martes, 19 de marzo, tivo lugar no salón Juan Pablo Duarte da Gobernación Provincial de Santiago de los Caballeros (República Dominicana) un acto de socialización da Axenda de Desenvolvemento do Barrio de Santa Lucía 2018-2023, así como dos resultados dos Estudios de Fenda de Xénero, Socioeconómicos e de Habitabilidade realizados no marco do proxecto “Participación social no sistema educativo do Barrio de Santa Lucía a través da xeración de capacidades nos titulares de dereitos, responsabilidades e deberes para una educación inclusiva e de calidade en Santa Lucía”, financiado pola Xunta de Galicia e executado pola Fundación Balms para a Infancia, a Fundación Solidaridad e o Centro Integral para el Desarrollo Local (CIDEL).

Ao acto acudiron representantes de institucións como o Concello de Santiago de los Caballeros, a Corporación de Acueducto e Alcantarillado de Santiago (CORAASAN), o Instituto Nacional da Vivienda, o Instituto Agrario Dominicano (IAD), o Ministerio da Muller, a Policía Nacional, o Ministerio de Traballo, a Oficina Técnica de Emprego, o Instituto de Formación Técnico Profesional (INFOTEP) ou o Ministerio de Obras Públicas. En representación da Xunta de Galicia acudiu Raquel Álvarez Alcaraz, adxudicataria dunha bolsa de formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento, outorgada por la Xunta de Galicia, con destino na Oficina Técnica da Cooperación Española na República Dominicana.

O Proxecto “Participación social no sistema educativo do Barrio de Santa Lucía a través da xeración de capacidades nos titulares de dereitos, responsabilidades e deberes para una educación inclusiva e de calidade en Santa Lucía” ten como obxectivo a mellora da calidade educativa dunha das zonas máis vulnerables de Santiago de los Caballeros para que a educación poida traducirse nunha oportunidade de romper o “círculo vicioso da pobreza” e xerar desenvolvemento humano sostible en Santa Lucía. Esta intervención enmárcase no Programa Integral de Melloramento do Barrio de Santa Lucía, executado entre 2008 e 2012 co financiamento da Xunta de Galicia, xa que aproveita os impactos e produtos obtidos durante ese período para seguir traballando e mellorando as condicións de vida da comunidade do Barrio de Santa Lucía.