A presentación do libro de Bichara Khader "Palestina: A traxedia permanente 1947-2024: Unha chamada para espertar a Europa” será o próximo martes 25 de xuño, ás 18:00, na Facultade de Xeografía e Historia da USC.
Bichara Khader, profesor emérito da Universidade de Lovaina (Bélxica) e un dos grandes expertos das relacións de Europa e a Unión Europea coa cuestión palestina visitará a capital de Galicia. A súa visita prodúcese vinte e dous anos despois de ser o principal impulsor do irmandamento entre Santiago e Belén no ano 2002, no contexto da actual invasión isaraelí a Gaza e o recente recoñecemento de Palestina como Estado por España e outros Estados europeos.
Nas actividades, organizadas polo IGADI e nas que colabora a Fundación Araguaney-Puente de Culturas e a Universidade de Santiago de Compostela, presentarase o seu último ensaio “Palestina: A traxedia permanente (1948-2024). Unha chamada para espertar Europa”. A publicación realiza un repaso pola historia do conflito entre Israel e Palestina, enfocándose de maneira directa na natureza e evolución das relacións europeas coa cuestión palestina. Este ensaio está traducido ao galego e se presentou online o Día das Letras Galegas 2024.