- O alcalde e un concelleiro de Tarrafal percorrerán ata o 31 de marzo unha decena de concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade
- Este intercambio de experiencias no ámbito da agricultura, a gandería e a pesca encádrase nun proxecto a catro anos apoiado pola AECID
Nigrán, 24 de marzo de 2025. O alcalde do municipio caboverdiano do Tarrafal, José dos Reis, e o concelleiro Osvaldo Chantre percorrerán desde hoxe e ata o vindeiro luns unha decena de concellos socios do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para coñecer boas prácticas no ámbito da agricultura, a gandería e a pesca. A visita encádrase no proxecto ‘Apoio ao Desenvolvemento Económico Local do Municipio do Tarrafal’, impulsado polo Fondo Galego e cofinanciado pola Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo (AECID), a través da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad.