Queren sensibilizar a adolescentes da situación da muller nos países mais pobres, e sobre todo das mais xoves e o seu papel na industria produtiva en estos países. Además presentan o comercio xusto como unha forma alternativa de consumo e comercio dado que estes talleres participan a nivel local de experiencias de comercio xusto e alternativo.
Esta iniciativa enmarcase dentro da campaña “TU TURNO, MI TURNO, CONSUMO RESPONSABLE”, e está financiada pola Dirección Xeral de Cooperación Exterior da Xunta de Galicia. Coincidindo coa semana do Comercio Xusto , dende o día 5 de maio estarán en Galicia dúas representantes duns talleres para mulleres de Filipinas, María Flora Pérez, relixiosa galega que leva máis de 40 anos en Filipinas e Helen Casalinos , traballadoras do Taller en Quezon City. Estes talleres chamados " Talleres de Nazaret" foron promovidos hai case 20 anos polas Siervas de San José de Filipinas, e teñen como obxectivo dar traballo e formación a mulleres pobres dese país. Hoxe en día hai 6 talleres funcionando que dan traballo a máis de 150 mulleres ademáis doutras vantaxes sociais e programas como de vivenda. Estes talleres traballan con criterios de Comercio Xusto. Estarán prensentes en Galicia en Vigo, Ourense, e Lugo do 5 ó 13 de maio.
Máis información