Outras novas
01/10/2007
Outras novas

SIMPOSIO INTERNACIONAL “POBRE MUNDO RICO”

Con preto de 600 persoas inscritas, o Simposio Internacional sobre a pobreza e desigualdade no mundo Pobre Mundo Rico, organizado polo Club Internacional de Prensa dependente da Secretaría Xeral de Comunicación. No acto participaron o director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, o director xeral de Caixanova, José Luis Pego, a directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, e a directora do Club Internacional de Prensa, Carmen Carballo.

O director xeral de Comunicación Audiovisual, Manuel José Fernández Iglesias, destacou esta tarde que coa realización do Simposio “Galicia liderará o berro internacional contra a pobreza no mundo”. Fernández Iglesias salientou que con esta iniciativa a “aldea virtual” da que falaba Mac Luhan “maniféstase contra das inxustizas do mundo real”. “Fronte ao modelo de grandes foros cun foco espacial e temporal reducido, propomos un enfoque alternativo baseado nas redes de vilas, nas redes de persoas, e nas redes de telecomunicación”, incidiu. Segundo Fernández Iglesias “Galicia enteira terá a oportunidade de participar neste chamamento polo loita contra a pobreza, achegándose ás actividades propostas”. Ademais, indicou que a televisión e outras ferramentas de comunicación en internet van permitir que o Simposio acade unha presenza universal.

Sensibilización para o desenvolvementoA directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo, felicitou ao Club de Prensa por ter creado este “ambicioso” simposio que “colabora na tarefa de sensibilización e de educación para o desenvolvemento”. Fabiola Sotelo esbozou a situación actual da desigualdade a nivel internacional ao tempo que indicou que para avanzar na situación “é imprescindible o apoio non só de actores do mundo da cooperación, senón de todo o conxunto da sociedade”. Con este obxectivo, manifestou o compromiso do departamento que dirixe co reforzo e a intención de realizar unha política activa e integral de fomento do coñecemento das desigualdades. Trátase, segundo remarcou Fabiola Sotelo, de “deixar cimentado un espazo de traballo que impulse á sociedade civil a volver tomar a iniciativa”.

Importancia cualitativa e cuantitativaPor último, a directora do Club Internacional de Prensa, Carmen Carballo, afirmou que este é o evento internacional máis importante cuantitativa e cualitativamente como reflicte a elevada participación internacional e a presenza das persoas expertas e máis comprometidas na loita contra a pobreza e a desigualdade no mundo. Así mesmo, destacou que se teña orixinado dende Galicia, pola repercusión internacional que está a ter. Carmen Carballo agradeceu a colaboración de diversas entidades, organizacións e persoas a título individual tanto en Galicia como no resto do estado e sobre todo, en Latinoamérica, pola súa implicación neste Simposio e os seus xestos de agradecemento.

O Simposio presentado hoxe está organizado polo Club Internacional de Prensa, departamento adscrito á Secretaría Xeral de Comunicación, e nel colaboraron Caixanova, a dirección xeral de Cooperación Exterior, e as Universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Ademais, conta coa presenza de máis de 80 países dos cinco continentes unidos contra a pobreza e a desigualdade social.Programa do simposioAs actividades que conforman o Simposio Internacional Pobre Mundo Rico desenvolveranse dende hoxe e ata o mes de novembro. O seu Programa sobre a pobreza e a desigualdade no mundo recolle máis de 100 actividades entre as que se atopan, 54 proxeccións audiovisuais, 39 conferencias, 14 mesas-debate e oito actuacións de teatro na rúa, co grupo de teatro de rúa, do Brasil, “Loucas de Pedra Lilás”, que esta mesma mañá acaparou a atención de tódol@s transeúntes da zona. Participan no Simposio 80 expertos en pobreza e desigualdade dende moi diversos sectores, chegados de distintas comunidades autónomas estatais e varios países latinoamericanos, europeos e africanos.

Retransmisión internacional a través da redeA Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo, acollerán todas estas actividades que ocuparán 31 días reais ao longo de dous meses, unha forma de propiciar que a sociedade galega poida participar no seu conxunto neste evento internacional que será retransmitido a través de TV por internet, contando coa colaboración da dirección xeral de Comunicación Audiovisual, dependente da Secretaría Xeral de Comunicación.

Trátase do primeiro evento organizado pola Secretaría Xeral de Comunicación que o Goberno autonómico retransmitirá internacionalmente a través da rede, respondendo así ao interese que espertou nos cinco continentes. O acceso ás emisión será posible a través da páxina web do Club de Prensa así como do blog creado para o simposio, www.clubinternacionaldeprensa.org, www.pobremundorico.org

Curtametraxes, documentais, longametraxes e series documentais (de TVE) conforman a programación audiovisual que terá sempre lugar en cada cidade, o día anterior a celebrarse as mesas-debate e conferencias. Produtos audiovisuais cedidos pola Universidade de Santiago, do seu programa Viaxes na Lusofonía que tivo lugar o pasado ano 2006; pero ademais, películas como a cedida directamente pola directora Patricia Ferreira, No mundo a cada anaco, na que cinco directores percorren a infancia en Latinoamérica; ou "Poboadores", do director e produtor Manuel García Montañés, que tamén quixo participar no Simposio achegando esta longametraxe documental. Completan as proxeccións outros traballos audiovisuais de corte documental.Presenza na rúaEntre as novidades do Simposio está a saída á rúa. Así, non todas as actividades se van desenvolver en recintos pechados senón que a pobreza e desigualdade están saíndo á rúa da man do devandito grupo de teatro brasileiro, Loucas de Pedra Lilás. Hoxe participaron tamén, pola tarde, no acto de inauguración do simposio no Auditorio do Centro Social Caixanova.

Posteriormente, Loucas de Pedra Lilás levará o seu espectáculo creado especificamente para este Simposio, "Outro mundo é...", á Coruña e ó Ferrol mañá mércores; , Santiago e Ourense o xoves, e Lugo e Ourense o venres. A súa escenificación percorrerá Galicia poñendo de manifesto o berro contra a pobreza e desigualdade no mundo.

Destacada presenza na redeO Simposio Internacional sobre a pobreza Pobre Mundo Rico tense convertido a través da rede nunha plataforma unida contra a desigualdade no mundo na que participan máis de 80 países dos cinco continentes. Así o reflicten os 11.226 visitantes reais que entraron dende o pasado mes de xullo na web do Club Internacional de Prensa e no blog creado especificamente para o simposio.