Outras novas
08/05/2015
Outras novas

STOP MORTES NO MEDITERRÁNEO! ó sábado 9 de maio no Paseo Marítimo.

No primeiro cuadrimestre deste ano 2015, a cifra de mortos multiplicouse por cen en comparación co ano 2014.

Nembargantes, os políticos europeos miran para outro lado. A pesares dos chamamentos internacionais, os Estados europeos decidiron poñer máis recursos, pero non para salvar vidas senón para protexer as súas fronteiras.

E mentres as persoas morren.

¿Ata cándo?. ¿Cántas persoas máis deben morrer para que os gobernos europeos entendan que deben antepor a protección das persoas?

- Os organizadores aconsellan aos que desexen participar no acto que vaian completamente vestidos con roupa negra e que se dirixan o sábado ás 12,30 horas a calquera dos dous puntos de encontro fixados: a fonte dos surfistas ou a beira do Playa Club de Riazor. Dende ámbolos dous puntos marcharán en fila polo paseo marítimo ata adentrarse na praia, na que terá lugar a performance.

Convocatoria aberta:
• África Universal, Amnistía Internacional, Asociación Veciñal da Agra do Orzán AGRA, Comunidade Cristiana Vangarda Obreira, Domu África, Foro Galego de Inmigración, Fronte Cívica, La Paz, Médicos do Mundo, Mundo sen Guerras e sen Violencia, ONG Viraventos, SOS Racismo Galicia