Outras novas
15/03/2016
Outras novas

Taller de mapeo das zonas afectadas polas inundacións da bacía do Messalo, Mozambique.

A xornada realizarase na Escola de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña o venres 8 de abril. Pola mañá realizarase unha sesión explicativa do proxecto SIXHIARA (obxectivos, actividades...), así como unha introdución á iniciativa OSM (ideoloxía e idea de proxecto, formas de colaboración, participación cidadán….). Pola tarde levarase a cabo un Mapathon, onde os asistentes terán a oportunidade de mapear, coa axuda dos especialistas de iCarto e cartolab, as zonas afectadas polas inundacións. O mapeado centrarase nos aspectos máis vulnerables; construcións (vivendas, centros de saúde e escolas principalmente) e infraestruturas viarias (estradas e pontes).