Outras novas
01/08/2024

Técnicas municipais de Brión e Nigrán apoian o desenvolvemento local en Cabo Verde

- Comezarán por realizar unha diagnose dos recursos agrícolas e ambientais do Municipio do Tarrafal, impartir formación e elaborar recomendacións

- O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade reforza as capacidades dos parceiros na África lusófona a través do programa Especialistas en Cooperar

Pontevedra, 1 de agosto de 2024. Dúas técnicas dos concellos de Brión e Nigrán desprazaranse o vindeiro luns a Cabo Verde para colaborar durante tres semanas co Municipio do Tarrafal a través do programa Especialistas en Cooperar, impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Ademais, persoal municipal de Lugo e Tomiño viaxará en 2025 a Mozambique para apoiar a xestión financeira de dous concellos.

Documentos