Outras novas
10/12/2007
Outras novas

A TENDA CONTRA O CAPITALISMO

Xa na colorida entrada sábese que se entra a unha tenda diferente. Un cartel advirte "ATENCIÓN: VOSTEDE ABANDONA O SECTOR CAPITALISTA". Na Tenda Gratis de Berlín éntrase sen diñeiro, pero se pode levar un televisor, un par de zapatos, algúns libros, unha heladera ou ata un par de entradas para un concerto sen pagar un só centavo. A Tenda Gratis non é unha tenda de trueque, é contra o diñeiro e o consumo. Calquera pode vir e levar o que desexe" recita Bernd, un dos 15 voluntarias e voluntarios que se turnan na tenda. Pero como as voluntarias e voluntarios da Tenda Gratis notaron que había clientela que armaba rapidamente un lucrativo mercado de pulgas cos obxectos sacados da tenda, decidiron limitar a 3 o número de obxectos que se poden levar por vez.Anti capitalismo, non caridade Nesta tenda pódese adquirir un televisor, zapatos, ou unha heladera e ata entradas para un concerto. Na Tenda Gratis o radicalismo anti caridade chega tan lonxe que non hai distinción entre a súa clientela: o que chega nun auto de luxo a buscar o seu televisor ten tanto dereito como alguén sen traballo.Agasallos, non refugallos Para evitar converterse nun depósito de chatarra, a Tenda Gratis non acepta calquera agasallo. A tenda é un dos baluartes da poderosa escena alternativa de Berlín, que dende décadas busca formas de convivencia distintas dentro da sociedade tradicional. A tenda atópase nuns edificios ocupados na turbulenta época da caída do muro de Berlín por un grupo de activistas de esquerda que agora loitan para tratar de preservar o lugar contra un comprador que os quere expulsar. E xa se abriu unha segunda.