Outras novas
25/06/2015
Outras novas

Terceira edición do Curso de Experto en Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

O inicio deste novo Curso está previsto para Outubro 2015 e finalizará en xuño 2016. Do mesmo xeito que nas dúas edicións anteriores, o Experto impartirase en modalidade on-line e está dirixido principalmente a profesionais, que queiran actualizar os seus coñecementos e/ou buscar recualificarse no sector; do mesmo xeito que a licenciados que queiran achegarse ao ámbito da cooperación e o desenvolvemento internacional.
O custo do Curso é de 1.500 Euros máis unha matrícula de 150 Euros. Existe a posibilidade de poder acceder a descontos do 30% sobre o custo do curso e ademais o Curso pódese financiar completamente a través da Fundación Tripartita.