- O presidente do Fondo Galego de Cooperación e alcalde de Nigrán, Juan González, reúnese coa AECID e cos concellos do arquipélago africano
Nigrán, 22 de agosto de 2024. As dúas traballadoras municipais de Brión e Nigrán que ao longo deste mes achegaron a súa asistencia técnica en Cabo Verde culminan esta semana a súa experiencia no programa Especialistas en Cooperar, impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo. O presidente do Fondo Galego e alcalde de Nigrán, Juan González, atópase tamén no arquipélago africano para afianzar as relacións de colaboración cos municipios caboverdianos e coa propia AECID.
Documentos