Outras novas
13/03/2009
Outras novas

Tres membros de MSF son secuestrados en Sudán

A organización Médicos Sen Fronteiras (MSF) informou onte de que tres voluntarios internacionais da súa sección belga foron secuestrados en Darfur aínda que "están ben", trátase dun responsable francés, un médico italiano e unha enfermeira canadense.

MSF informou que o secuestro produciuse a noite do mércores pasado, "en Sherif Umra, na provincia sudanesa do Norte de Darfur". "Dous membros sudaneses do persoal, secuestrados ao mesmo tempo, foron rapidamente postos en liberdade", engade a organización, quen agregou que as familias dos secuestrados foron informadas.

MSF "traballa para obter máis información sobre as circunstancias e as razóns deste secuestro", engadiu a organización, que dixo que non ten máis datos e que no desexa facer máis comentarios "para preservar a seguridade dos seus tres traballadores internacionais".

MSF sae de Darfur. En tanto, a sede Bélxica de MSF anunciou onte que retirará a todos os seus efectivos na rexión sudanesa de Darfur, tralo secuestro a pasada noite de cinco cooperantes.

"Só permanecerá na zona o persoal estritamente necesario para facilitar a liberación dos secuestrados", afirmou o director xeral de MSF Bélxica, Christopher Stokes.

Stokes explicou que MSF tiña uns 60 estranxeiros na rexión, pero ao redor da metade -das seccións francesa e holandesa- abandonaron o país a semana pasada, a raíz da decisión sudanesa de expulsar ás organizacións humanitarias.

Fonte: Efe