Outras novas
17/10/2024

Unha delegación do Fondo Galego perfila en Mozambique os novos proxectos de cooperación

 

  • Representantes da entidade e dos concellos de Nigrán, As Neves e Viveiro definen cos municipios do país lusófono as futuras liñas de colaboración

Pontevedra, 17 de outubro de 2024. Unha delegación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade chegou onte a Mozambique para supervisar os proxectos alí apoiados. O presidente da entidade e alcalde de Nigrán, Juan González; o tesoureiro e alcalde das Neves, José Manuel Alfonso, e mais a vogal e concelleira de Benestar Social en Viveiro, Lara Fernández, acompañados por unha responsable técnica, aproveitarán tamén para trazar as liñas de colaboración para os próximos anos no país lusófono. A misión político-técnica coincide co Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, que se conmemora hoxe xoves e que nesta ocasión se aliña co ODS 16: Paz, xustiza e institucións sólidas.

Documentos