Outras novas
12/10/2008
Outras novas

UNHA PROMESA NON ALIMENTA: SEMANA CONTRA A POBREZA

  

Mentres que cada vez resta menos para o limiar de 2015, os compromisos e metas dos Obxectivos do milenio están moi lonxe de ser acadados. O desenvolvemento humano é moito máis amplo que o simple crecemento ou desenvolvemento económico. Non hai garantía de que o crecemento económico beneficie a persoas que non teñen acceso aos mercados, aos que viven na pobreza.

Tal e coma definiu o propio PNUD no ano 2000 “o desenvolvemento humano é o desenvolvemento da xente, para a xente e pola xente.”

A Coordinadora Galega de ONGD está a organizar a Semana contra a Pobreza nas principais cidades de Galicia, coa colaboración das ONG galegas, dentro da campaña nacional.

Os actos consistirán en varias roldas de prensa, concentracións e performances e mesas informativas. Os interesados están convidados a colaborar difundindo os carteis e trípticos, apoiando o manifesto da campaña e animando á participación dos colectivos, entre outros.

O sábado 18 terá lugar unha grande manifestación en Vigo, que sairá as 12:30 da Praza da Independencia cara á Praza da Constitución.

MÁIS INFORMACIÓN

CAMPAÑA NACIONAL