O Programa de Voluntariado Internacional VACACIÓNS SOLIDARIAS ofréceche a oportunidade de coñecer de primeira man un proxecto de desenvolvemento
Dende hai dez anos a través deste programa os voluntarios e voluntariasas colaboran durante a súa estancia en actividades de proxectos de cooperación que Solidariedade Internacional de Galicia ten en marcha. Desta forma coñecen mellor o dia a dia da poboación local. Os e as cooperantes de Solidariedade Internacional en cada país coordinan a estancia das persoas voluntarias.